Galicia é un dos lugares con mellor hixiene bucal de España e con menos incidencia da caries de Europa. Malia isto, dende o comezo da crise, caeron as consultas nos dentistas un 35 por cento e ata un 40 no conxunto de España. Segundo os Colexios Profesionais de Odontólogos galegos, de non tomarse medidas axuda ás familias, nunha década notaránse xa un notable deterioramento da saúde buco-dental da poboación.
Hai que pensar que, con datos actuais, entre un 35 e un 40 por cento da poboación non ten recursos para costearse gastos imprevistos, e acudir ao dentistas adoita ser porque se detecta o problema de imprevisto. Mesmo os tratamentos de mantemento, as revisións cotiáns, a xente non as pode pagar. Nas familias un dos gastos máis importante en saúde é o coidado dos dentes, o odontolóxico».
Pero dende o comezo da crise, son moitas as familias que non se poden permitir eses gastos. Confírmao un estudo actual,
do Consello Xeral de Odontólogos e Estomatólogos de España, feito entre pacientes de dez comunidades autónomas.
Detecta o descenso do número de pacientes en acudir ás consultas odontolóxicas en ata un 40 por cento. No caso de Galicia descendeu algo menos, en preto dun 35 por cento. Posiblemente o descenso en tratamentos moi sofisticados rolda o 60 por cento».
Este problema vai ter repercusións negativas claras de aquí a 10 ou 12 anos, cando veremos como empeorou a saúde buco dental da poboación. Fundamentalmente o que nos preocupa, como problemas importantes, á comunidade profesional, é: a detección do cancro oral, as caries agresivas, os problemas periodontais, e a perda dos dentes».
O problema detéctase en todas as idades, pero menos nas mulleres, que representan o 65 por cento dos pacientes dos dentistas.
Pensamos que o mellor sería que pasase a crise, pero se non pasa ou mentres non pase, unha solución factible sería a posibilidade dun cheque familiar, analizando as necesidades e a situación de cada familia, de xeito que o Estado lles axudase a pagar os tratamentos dentais».
Por outra banda, os odontólogos advirten do aumento dos transtornos patolóxicos relacionados co culto á estética, e coa distorsión da propia imaxe.
Preto dun 2 por cento da poboación sofre xa o que se deu en chamar brancorexia e otras patoloxías que teñen que ver coas dismorfofobias.
Texto e vídeo proporcionado por www.crtvg.es.